Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alberto Pérez Vázquez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítase o recurso número 85/2003 (procedemento abreviado) interposto por Alberto Pérez Vázquez na súa condición de aspirante a vinculacións temporais de persoal estatutario nas institucións sanitarias do Sergas, no proceso selectivo convocado por Resolución do 28-12-2001 (DOG do 18 de xaneiro de 2002).

O recorrente, aspirante da categoría de médico de familia, área sanitaria de Pontevedra, pretende que se declare contraria a dereito a resolución pola que se publica a lista definitiva de aspirantes seleccionados, outorgándolle un total de 14,39 puntos, resultado de engadirlle á puntuación obtida (10,92) os méritos non baremados por experiencia profesional (3,35 puntos) e por formación continuada (0,87 puntos) e de restar 0,75 puntos por desemprego. Así mesmo, pretende que se lle indemnicen os danos e perdas causados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos