Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 15 de decembro de 2003 pola que se establecen as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de erradicación de enfermidades animais para 2004.

Os titulares dos animais reaccionantes positivos ás probas diagnósticas establecidas nos programas

de erradicación de tuberculose bovina e brucelose no gando vacún e ovino-cabrún para os que se estableceu o sacrificio obrigatorio pola imposibilidade de establecer un tratamento terapéutico, implica que os gandeiros de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e demais lexislación concordante recibirán á correspondente indemnización en función dos baremos aprobados oficialmente.

Por outra banda, a declaración oficial da existencia da enfermidade encefalopatía esponxiforme bovina (EEB), realizada por Orde do 22 de novembro de 2000 implica, de conformidade co disposto no artigo 2.2º do Real decreto 2459/1996, do 2 de decembro, a aplicación das medidas xerais e específicas previstas na lexislación comunitaria, a Lei 8/2003, de sanidade animal, o Regulamento de epizootias e demais normas concordantes.

O Real decreto 3454/2000, do 22 de decembro, polo que se establece e regula o Programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais, no seu artigo 9, establece que o sacrificio dos animais, por sospeita e/ou confirmación destas enfermidades, dará dereito a unha indemnización por sacrificio obrigatorio de acordo cos baremos oficialmente establecidos.

As directrices comunitarias sobre axudas estatais ó sector agrario (2000/C-28/2), no caso das destinadas á loita contra enfermidades animais e vexetais, establecen que se poderán conceder compensacións por unha contía igual ó valor normal dos animais sacrificados.

As devanditas circunstancias obrigan a Administración autonómica a establecer un marco complementario, que coadxuve ó sector gandeiro a soporta-los efectos da declaración da encefalopatía esponxiforme bovina, así como a facilita-la súa predisposición de cara a un total cumprimento do programa coñecidas as consecuencias económicas que esta situación ten para o sector productor de carne en Galicia.

Ademais esta Administración non se pode abstraer da situación de alarma social creada, polo que ten que adoptar tódalas medidas sanitarias precisas que impidan riscos para a saúde pública e dispoñer de tódolos medios necesarios que aseguren o cumprimento do programa, entre elas, o establecemento dunha dotación complementaria polo sacrificio dos animais da explotación.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é o establecemento das contías das indemnizacións ás que teñen dereito os titu

lares de animais e/ou productos sacrificados e/ou destruídos por motivo de erradicación de enfermidades animais.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios:

1. Os titulares dos animais que se sacrifiquen por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose bovina e brucelose no gando vacún, ovino e cabrún, ou por teren convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes, serán indemnizados conforme o establecido nos artigos seguintes.

2. Os titulares dos animais e os seus productos de calquera especie sacrificados e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presencia dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles, tamén serán indemnizados de acordo co establecido nos artigos desta orde.

Artigo 3º.-Contía das axudas.

1. As contías das indemnizacións serán as que correspondan en cada momento segundo os baremos ou prezos oficiais oficialmente aprobados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

2. No caso dos animais o productos sacrificados ou destruídos por motivo das encefalopatías esponxiformes transmisibles cando a aplicación dos prezos citados non se acade o valor medio normal dos animais o productos nos mercados de referencia, incrementarase cunha achega complementaria ata que sexa un importe equivalente.

Artigo 4º.-Requisitos.

Para poder ter dereito ás indemnizacións establecidas nesta orde é imprescindible o cumprimento estricto da normativa en vigor sobre sanidade animal, programas de erradicación de enfermidades animais e vixilancia epidemiolóxica das encefalopatías esponxiformes transmisibles. Esta normativa recóllese na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal; Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955; Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación das enfermidades dos animais; Regulamento (CE) 999/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, referente á vixilancia epidemiolóxica e ós controis das encefalopatías esponxiformes transmisibles e as súas posteriores modificacións; Regulamento (CE) 1774/2002, do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as normas sanitarias aplicables ós subproductos animais non destinados ó consumo humano; e en todas aquelas normas de desenvolvemento en materia de sanidade animal.

Artigo 5º.-Financiamento.

As indemnizacións establecidas nesta orde, así como as correspondentes ós animais sacrificados ou productos destruídos que non puideron ser tidos en

conta por presenta-los certificados de sacrificio ou destrucción con posterioridade ó pechamento do exercicio orzamentario anterior, aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004:

-09.03.613-A.770.0 Programas sanitarios especiais, ata un importe de 900.000 euros.

-09.03.613-A.470.0 Compensacións por encefalopatías esponxiformes, ata un importe de 800.000 euros.

Estes importes poderían verse incrementado con sucesivas achegas doutras administracións.

A concesión da axuda estará condicionada a aprobación da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, de acordo co artigo 5 da Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001.

Artigo 6º.-Solicitudes, prazo e documentación.

1. As solicitudes de indemnización, segundo modelo que figura como anexo I desta orde, poderán presentarse nas oficinas da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, así como nos demais lugares e formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó da data de publicación desta orde ata o 20 de novembro de 2004, incluíndo esta data no cómputo do prazo.

2. Xunto coa solicitude os beneficiarios presentarán a seguinte documentación:

A) Para tódalas solicitudes:

a) Declaración complementaria do conxunto de axudas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Certificación de se encontraren ó corrente das obrigas tributarias e sociais e de que non teñen débeda ningunha coa Administración da Comunidade Autónoma. O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal da Administración Tributaria -AEAT- e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición dos certificados acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se é o caso, cubrir debidamente asinada, a autorización que figura no anexo II desta orde para os

efectos de que pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural se poida solicitar por vía informática.

Non obstante, quedan exentos de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as axudas especificadas no artigo 42 do proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, condicionado a súa aprobación definitiva.

c) Certificación da entidade bancaria acreditativa de que a conta indicada na solicitude para a domiciliación dos pagamentos corresponde ós solicitantes.

B) Para as solicitudes de indemnización por sacrificio por brucelose ou tuberculose, ademais:

a) Certificado de sacrificio das reses nun matadoiro autorizado para sacrificar animais positivos a enfermidades sometidas a programas de erradicación.

C) Para as solicitudes de indemnización por motivo de encefalopatías esponxiformes, ademais:

a) Documentos xustificantes do envío a destrucción hixiénica dos animais ou productos de xeito que se asegure a súa destrucción total mediante incineración ou outro método autorizado pola normativa vixente.

b) No caso de solicitude de indemnización por destrucción de canais, o documento acreditativo da titularidade da canal e das súas características respecto ó seu peso, conformación e prezo por quilogramo. No caso de solicitude de indemnización por destrucción doutros productos xenéticos, o documento acreditativo da titularidade indicando as características xenealóxicas e o valor económico.

3. Os beneficiarios terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo órgano xestor, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

Unha vez comprobados os requisitos esixidos nos artigos anteriores, polas delegacións provinciais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria:

1. Será emitida resolución do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de aprobación ou denegación da indemnización na que se especificarán os recursos que procedan. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo

dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

2. A resolución notificarase na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. No caso de que transcorridos tres meses desde o rexistro da solicitude de indemnización, non se rexistrase resolución expresa, poderase entender desestimada a indemnización. Transcorrido o dito prazo, o interesado disporá de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda desestimada a indemnización para interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Cabe interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, se é expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei 29/1988, do 13 se xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 8º.-Compatibilidade.

As axudas reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra que poida obterse de distintas administracións para esta finalidade.

Artigo 9º.-Reintegro.

O incumprimento polo beneficiario de calquera das condicións establecidas nesta orde dará lugar á perda do dereito e á devolución, se é o caso, das cantidades indebidamente percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades a que houber lugar (artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO