Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.892

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 7 de outubro de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Cantabria, de citación por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 105.6º e 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, redactados conforme o disposto no artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), e téndose intentado por dúas veces a notificación ó interesado ou ó seu representante do acto administrativo providencia de constrinximento, sen que se puidese practicar por causas non imputables a esta Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos de procedemento de constrinximento, en particular, providencias de constrinximento, do debedor que se relaciona, sendo o órgano responsable da tramitación dos mencionados actos a unidade de recadación que se relaciona a seguir:

Administración: 39600.

Órgano responsable da tramitación: Área de Xestión Recadatoria. Dependencia de Recadación da Delegación da Axencia Tributaria de Santander.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, 27-3º andar, Santander, Cantabria.

En virtude do anterior dispoño que o debedor ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ante o respectivo órgano responsable da tramitación sinalado máis arriba.

Advírtese ó interesado que, de non comparecer no prazo indicado, a notificación entenderase practicada para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santander, 7 de outubro de 2003.

Manuel J. Valentín-Fernández Santacruz

Xefe rexional de Recadación

ANEXO

Unidade de adscrip.: 39600.

Datos do contribuínte: B-39296934; Fricampo, S.L.; estrada N-634, km 12, 4, s/n, Camargo.

Concepto: recadación.

Descrición: multas e sancións.

Obx. trib.: D. XE.

Clave liquidación: C1100003150067701.

Importe: 360,60 euros.

Data prov. constr.: 15-7-2003.