Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación de contrato de subministración.

Aprobado o prego de condicións económico-administrativas e técnicas para a contratación por concurso, en procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración, instalación e posta en funcionamento do mobiliario industrial para o Centro de Iniciativas Turísticas en Fonte da Cova, Carballeda de Valdeorras, ponse a información pública polo prazo de oito días para efectos de reclamacións, e anúnciase tamén a convocatoria do concurso para a devandita subministración.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Carballeda de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

Subministración, instalación e posta en funcionamento no Centro de Iniciativas Turísticas en Fonte da Cova, do mobiliario industrial definido no anexo número 6 do proxecto da obra, aprobado polo acordo plenario do 25 de abril de 2002.

b) Lugar de entrega: Centro de Iniciativas e Turismo en Fonte da Cova.

c) Prazo de entrega: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 107.641,42 euros.

5. Garantía provisional: 4.305,66 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Carballeda de Valdeorras, estrada de Éntoma, nº 54, Sobradelo (Ourense), teléfono 988 33 50 02, fax 988 33 53 79.

Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e técnica acreditarase de conformidade co previsto nos artigos 16 e 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

9. Apertura de ofertas.

Ás 12.00 horas do día seguinte hábil (agás sábado) ó de finalización do prazo de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 5 de novembro de 2003.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa