Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Freixoeiro pertencente ó lugar de Pazos, da parroquia de Caldelas, do concello de Ponte Caldelas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro do 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Ponte Caldelas.

Lugar: Pazos.

Nome do monte: Freixoeiro.

Cabida: 2 ha (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: río Verdugo.

Sur: predios particulares de Manuel Martínez Rodríguez e outros.

Leste: estrada de Vigo e predios particulares.

Oeste: río Verdugo e terreos de Hidrofreixa.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992,

do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra