Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos que se citan.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por delegación de competencias, segundo a Orde do 15 de decembro de 1997, resolveuse adxudica-los seguintes contratos:

-Redacción do proxecto museográfico e execución da musealización dos restos arqueolóxicos aparecidos no inmoble número 20-22 e tramo da rúa contigua á rúa Doutor Castro en Lugo.

Adxudicatario: Castro y Val Consultores, S.L.

Importe: 279.651 euros, IVE incluído.

-Restauración das cubertas da colexiata de Xunqueira de Ambía (Ourense).

Adxudicatario: Orega, S.L.

Importe: 106.587,82 euros, IVE incluído.

-Transporte de obras de arte para a exposición María Luisa de Orleáns. Unha raíña efímera no Museo de Belas Artes da Coruña.

Adxudicatario: Manterola División Arte, S.A.

Importe: 71.489,83 euros, IVE incluído.

-Restauración da cuberta da igrexa de Santa Baia de Banga. O Carballiño (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Mascareñas e hijos, S.A.

Importe: 85.500,30 euros, IVE incluído

-Restauración e ordenación dos espacios exteriores nas illas de Santo Simón e Santo Antón en Redondela (Pontevedra).

-Adxudicatario: Decoración Instalaciones y Construcciones, S.A. (Dicsa).

-Importe: 227.800 euros, IVE incluído.

-Restauración de lenzos da fachada de Santa María do Campo en Viveiro (Lugo).

Adxudicatario: Soluciones Globales de Restauración y Rehabilitación, S.L.

Importe: 103.000 euros, IVE incluído.

-Limpeza e consolidación das fábricas no mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, Silleda (Pontevedra).

Adxudicatario: Técnicos Unidos para la Construcción, S.A. (Tuconsa)

Importe: 111.772,83 euros, IVE incluído.

-Acondicionamento da igrexa parroquial de Larouco. Larouco (Ourense).

Adxudicatario: Norvial, S.L.

Importe: 85.157 euros, IVE incluído.

-Acondicionamento do adro parroquial do mosteiro de Armenteira, 2ª fase, Meis (Pontevedra).

Adxudicatario: Atlas, S.L.

Importe: 114.792,50 euros, IVE incluído.

-Reparacións no convento de San Francisco en Viveiro (Lugo).

Adxudicatario: Neor, S.A.

Importe: 114.393,30 euros, IVE incluído.

-Reparación das cubertas da concatedral de San Xiao, Ferrol 2ª fase (A Coruña).

-Adxudicatario: Evaristo Maseda Vizoso.

-Importe: 180.303,63 euros, IVE incluído.

-Redacción do plano director das fortalezas transfrontirizas situadas no tramo baixo do río Miño.

-Adxudicatario: Inzamac Asistencias Técnicas, S.A.

-Importe: 58.740 euros, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93 del texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo