Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo 171. 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. urbanización Cruz de Sar .
Situación: Bergondo.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm, de 72 m de lonxitude, coa orixe no apoio que se vai implantar para paso aéreo-subterráneo da liña denominada Guísamo PED-703 e final no C.T. urbanización Cruz de Sar que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en urbanización Cruz de Sar Bergondo. Concello de Bergondo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 17 de novembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña