Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 2 de decembro de 2003 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 24 de outubro de 2003 (DOG nº 218, do 10 de novembro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 24 de outubro de 2003 (DOG nº 218, do 10 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Rivas Varela, Purificación.

NRP: 3385334846 A6449.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: facultativo superior, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase inspectores médicos.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Inspección e Asistencia Sanitaria.

Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Lugo.