Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.853

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade de arquivos, especialidade de bibliotecas e especialidade de museos, de conformidade co establecido na Resolución do 20 de maio de 2003.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 20-5-2003 (DOG nº 99, do 23 de maio) de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para o corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes facultativos de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade de arquivos, especialidade de bibliotecas e especialidade de museos, e unha vez baremadas e elaboradas pola Comisión Permanente Central as listas nas correspondentes sesións, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais de baremación dos solicitantes admitidos nas listas, con indicación da puntuación.

Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da Internet da Xunta de Galicia.

Terceiro.-De conformidade co disposto no artigo 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril, os inte

resados disporán dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para reclamacións, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente Central elevará as listas definitivas á Dirección Xeral da Función Pública para a súa oportuna publicación.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Publica