Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 22 de decembro de 2003 Páx. 15.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de decembro de 2003 pola que se convocan axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

A aprendizaxe das linguas estranxeiras é unha das necesidades que máis se manifesta desde tódolos ámbitos sociais. Esta necesidade vai profundamente ligada ó progreso científico e tecnolóxico. As industrias e os especialistas constitúen redes de comunicación que ignoran as fronteiras lingüísticas e nacionais. Así, o aumento das relacións internacionais, a mobilidade laboral e a circulación das ideas e da información están provocando unha forte demanda social en favor da aprendizaxe das linguas estranxeiras, de tal xeito que o número de linguas que os cidadáns dun determinado país dominan constitúe un indicador importante do seu grao de desenvolvemento. Por outra parte, a mellor protección contra tódalas formas de racismo e de xenofobia lógrase mediante o coñecemento e a experiencia directa da realidade doutros países e mediante a mellora das capacidades de comunicación.

Por todo isto, o Comité de Ministros do Consello de Europa advirte dos perigos que poden derivarse da marxinación das persoas que non posúan as competencias necesarias para comunicarse nunha Europa interactiva.

En consecuencia, a necesidade de mobilidade laboral e de acceso á información, así como a importancia da tolerancia e da compresión mutuas fan das capacidades reais de comunicarse sen fronteiras lingüísticas un elemento indispensable da formación de todo cidadán. Por iso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria iniciou no curso 1999/2000 un plan de potenciación da aprendizaxe

das linguas estranxeiras nos colexios de educación infantil e primaria e nos institutos de educación secundaria.

A experiencia demostra que a estadía nos países dos que se estudia a lingua constitúe un medio moi eficaz de progreso na adquisición desa lingua e da súa cultura.

Dado que a colaboración con centros educativos doutros países resulta fundamental para facilita-lo desenvolvemento de capacidades do alumnado a nivel lingüístico e profesional e que as axudas económicas procedentes de programas da Unión Europea resultan insuficientes para atende-la forte demanda dos centros da nosa Comunidade Autónoma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de intercambios e estadías co fin de posibilitar que, tanto os centros de educación primaria como os de educación secundaria e os que imparten ensinanzas de réxime especial, poidan organizar programas de inmersión, máis breves no caso da educación primaria, para que ó longo da súa escolaridade o alumnado chegue a alcanzar un nivel de competencia comunicativa adecuado en varias linguas.

En consecuencia co anteriormente exposto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto da convocatoria.

Convócanse axudas dirixidas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios de alumnos con centros educativos doutros países, para a aprendizaxe activa de linguas durante o ano 2004.

As axudas concederanse con cargo á partida orzamentaria 07.04.322T.480.0 por un importe total máximo de 380.528 euros. O gasto que se proxecta

está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio do ano 2004, en trámite parlamentario.

Artigo 2º.-Destinatarios.

1. Poderán solicitar estas axudas os alumnos, agás os de educación infantil, e profesores a través dos centros que se indican: colexios de educación infantil e primaria; colexios de educación primaria; centros públicos integrados; institutos de educación secundaria; escolas oficiais de idiomas; conservatorios de música e danza; escolas de artes, centros privados concertados e centros de educación permanente de adultos.

2. Os solicitantes das axudas de intercambios de profesores reguladas no punto 3 do artigo 3º desta orde deberán estar en situación de servicio activo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na actualidade e durante o curso para o que se solicita a actividade así como ter tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos de primaria, de secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de catedráticos de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de catedráticos de artes plásticas e deseño ou profesores técnicos de formación profesional.

Artigo 3º.-Modalidades das axudas.

1. Visitas preparatorias do profesorado responsable da estadía de alumnos no centro receptor doutro país, co obxecto de facilita-los acordos de colaboración entre os centros e a preparación axeitada do proxecto.

2. Visitas de estudio do profesorado responsable de proxectos co fin de garanti-la continuidade do mesmo.

3. Intercambios de profesores co obxecto de mellora-lo coñecemento dunha lingua estranxeira impartindo a materia da súa especialidade. Os solicitantes galegos compartirán, de xeito consecutivo, o seu posto cun docente estranxeiro.

4. Proxectos de aprendizaxe activa de linguas a través de estadías de alumnos en centros educativos estranxeiros, intercambios bilaterais centro a centro ou encontros multilaterais de distintos grupos de alumnos nun país estranxeiro, que teñan como obxectivo o aumento da motivación dos estudiantes no que respecta á aprendizaxe dunha lingua estranxeira e á súa utilización como medio de comunicación.

Artigo 4º.-Requisitos.

1. Estas actividades deberán estar integradas na programación do curso e ser aprobadas polo consello escolar. O seu obxectivo básico será o intercambio cultural, o achegamento lingüístico e, se é o caso, o perfeccionamento profesional e poderanse solicitar sempre que o centro non teña ningunha axuda concedida para ó mesmo proxecto de aprendizaxe de linguas, na acción Comenius 1.2 (proxectos lingüísticos) ou noutras convocatorias similares. No caso de obter dúas axudas para o mesmo proxecto, deberase renunciar a unha delas.

2. As visitas preparatorias e de estudio contarán cunha axuda variable en función do país, e serán realizadas por un só profesor de cada centro educativo. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais poderá autoriza-la participación doutro profesor en casos excepcionais e que estean debidamente xustificados.

3. Os proxectos de aprendizaxe activa de linguas comprenderán as actividades realizadas ó longo do curso, que culminarán na viaxe dos alumnos. As viaxes deberán ter unha duración non inferior a dez días.

4. As axudas máximas por alumno/profesor en concepto de reintegro de gastos de transporte, mantenza e aloxamento en función de se é un intercambio, unha visita preparatoria ou un intercambio de profesores, concederanse de acordo cos baremos que figuran no anexo II.

5. Na valoración das solicitudes daráselles prioridade ós proxectos que contemplen a realización e actividades lectivas conxuntas durante o desenvolvemento do proxecto, así como actividades específicas de aprendizaxe da lingua do país que se visita, a participación no plan experimental de potenciación de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria, no plan da anticipación da primeira lingua estranxeira en educación infantil e primaria, no plan experimental de Seccións Europeas, no programa That's English, nas accións Comenius 1 e Grundtvig 2 do programa Sócrates así como no programa Leonardo.

6. Os proxectos de aprendizaxe activa de linguas deberán contar cun número mínimo de dez alumnos, que estarán acompañados durante a viaxe e a estadía por un ou dous profesores do centro, podendo chegar a tres se o número de alumnos supera os trinta. Non obstante, a dirección xeral poderá autorizar, en casos excepcionais e debidamente xustificados, un número inferior de alumnos.

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. Convócanse tres períodos de presentación de solicitudes: o primeiro no prazo de corenta días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, o segundo ata o 1 de marzo de 2004, e o terceiro ata o 14 de maio. Reservarase un 40% do importe total das axudas para o primeiro prazo, un 40% para o segundo e un 20% para o terceiro, sendo acumulable o orzamento excedente de cada período para o seguinte.

2. As solicitudes seguirán o modelo establecido no anexo I desta orde e irán acompañadas da documentación que se indica a seguir:

2.1 Axudas para visitas preparatorias e de estudios:

-Orzamento da viaxe e estadía.

-Proposta de proxecto do centro galego, co visto e prace do director.

-Documento de aceptación do centro de acollida.

-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

2.2 Axudas para intercambios de profesores:

-Orzamento do intercambio.

-Proposta de proxecto do centro galego, cun certificado do director de que a actividade está recollida na programación do centro e está autorizada polo consello escolar, que incluirá as actividades a desenvolver no propio centro, así como as que se realizarán no centro receptor.

-Autorización da Inspección Educativa.

-Calendario dos intercambios. Os intercambios deberán realizarse no centro receptor, por parte dos solicitantes, durante períodos non lectivos en Galicia.

-Documento de aceptación do centro receptor.

-Compromiso de suscribir unha póliza de seguros.

-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

2.3. Axudas para viaxes de alumnos para a aprendizaxe de lingua estranxeira:

-Proxecto pedagóxico da viaxe, que incluirá os obxectivos e as actividades de aprendizaxe realizadas durante o curso no propio centro, así como as actividades a realizar no centro receptor. Estas deberán estar relacionadas co traballo desenvovido polos alumnos durante o curso escolar, do cal que se achegarán mostras acompañando a documentación. As ditas mostras poderanse presentar en soporte fotográfico ou vídeo.

-Certificado do director de que a actividade está recollida na programación do centro e está autorizada polo consello escolar.

-Declaración xurada do director na que se fará consta-la contratación dunha póliza de seguros que cubra o desprazamento e estadía dos alumnos no estranxeiro.

-Autorización do pai, nai ou titor legal para a participación do alumno nesta actividade. A autorización será solicitada polo director e quedará en poder do centro.

-Modalidade de aloxamento e tipo de transporte que se utilizará.

-Calendario da viaxe indicando as datas de saída e chegada do grupo.

-Nome dos profesores acompañantes da viaxe, materias que imparten e situación administrativa que teñan no centro con indicación de ser ou non coordinador do proxecto.

-Listaxes dos alumnos participantes no intercambio, con indicación do seu curso.

-Orzamento detallado dos gastos por conceptos con indicación dos derivados do aloxamento, segundo as modalidades de acollida, do transporte ó país que se visita, así como doutros gastos previstos. Deberase indica-lo custo global por alumno e o custo global por grupo.

-Documento de aceptación do centro receptor.

-Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Artigo 6º.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes asinadas polo director do centro dirixiranse á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela), presentándose a través do rexistro xeral. Tamén poderán utilizarse para a presentación de solicitudes calquera das dependencias previstas no artigo 38.4ºda Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

De acordo co establecido no artigo 71 da citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, daquelas solicitudes que non aporten os requisitos sinalados, requerirase ó interesado para que nun prazo de dez días emende as faltas ou xunte os documentos preceptivos; de non o facer considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.

Artigo 7º.-Comisión de selección e criterios de valoración dos proxectos.

As solicitudes serán avaliadas por unha comisión de selección integrada polos seguintes membros:

Presidenta: a subdirectora xeral de Formación Profesional e Educación de Adultos ou persoa en que delegue.

Vocais: o xefe de Servicio de Educación de Adultos e Xestión Económica, o xefe de Servicio de Formación do Profesorado, o xefe de Servicio de Ordenación e Innovación Educativa e un inspector educativo.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da subdirección xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos.

A comisión reunirase en tres ocasións durante o ano e seleccionará os proxectos tendo en conta os seguintes criterios:

a) Non ter recibido esta axuda, para a mesma modalidade, en anteriores convocatorias.

b) A calidade do proxecto pedagóxico e a súa realización co máximo de aproveitamento, así como a metodoloxía empregada.

c) Centros situados en zonas rurais ou desfavorecidas.

d) Ter solicitada e non concedida axuda Comenius 1.2 (proxectos lingüísticos), ou Leonardo para a mesma actividade, sempre que cumpra os requisitos de calidade do proxecto.

e) A acollida familiar como modalidade de aloxamento, no caso dos intercambios de alumnos.

A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos no artigo 7º. Os membros da comisión poderán percibir axudas de custo por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorrer ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

A comisión de selección elaborará a proposta de adxudicación de subvencións e elevaraa ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, que resolverá o que proceda.

Artigo 8º.-Comunicación.

A concesión ou denegación do reintegro seralle notificada directamente ó centro escolar pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 78.5º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os centros docentes sostidos con fondos públicos considéranse entidades colaboradoras para a entrega e distribución das axudas concedidas ós beneficiarios, debendo someterse ás obrigas recollidas no citado artigo.

As solicitudes entenderanse denegadas de non dictarse resolución expresa no prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 9º.-Prazos dos pagamentos.

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada e xustificada a actividade. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada a actividade.

Artigo 10º.-Xustificación da actividade.

Logo de efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramita-la seguinte documentación, no prazo máximo dun mes:

1. Certificación do director do centro na que conste que o consello escolar aprobou os gastos efectuados.

2. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial e desagregada por conceptos, asinada e selada polo director do centro. As facturas orixinais dos referidos

gastos arquivaranse no centro docente para a súa custodia e para a posta en disposición, se é o caso, dos órganos de control que teñan atribuídas as funcións de comprobación e control da aplicación deses fondos.

3. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade desenvolvida polo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto, deberase devolve-la cantidade proporcional da axuda concedida en relación coa minoración resultante do orzamento.

4. Certificación do director do centro no que se faga consta-lo centro de acollida, as datas exactas da duración da actividade, o nome e curso dos alumnos, se é o caso, e do profesor/es que realizaron a viaxe.

5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida, que deberá ser presentada un mes despois do remate da actividade e que incluirá os seguintes datos:

5.1 Visitas preparatorias e de estudio: obxectivos acadados de cara a realización do proxecto incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización etc.

5.2 Intercambios de profesores: programación e avaliación das actividades realizadas no intercambio con descrición das actividades desenvolvidas, métodos utilizados, posibilidades de realización doutras actividades transnacionais e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

5.3 Proxectos de aprendizaxe de linguas, intercambios bilaterais e encontros multilaterais a través de estadías de alumnos en centros educativos estranxeiros:

a) Programación e avaliación das actividades realizadas no intercambio con descrición das actividades desenvolvidas e métodos utilizados.

b) Descrición ou presentación do traballo elaborado.

c) Incidencia do proxecto na mellora das capacidades lingüísticas dos alumnos na lingua estranxeira utilizada.

d) Valoración da estadía: aspectos positivos e negativos que se deben mellorar.

Será preciso presentar, acompañada da memoria pedagóxica, un acta asinada polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, listado dos profesores, así como os seus DNI e o papel desenvolvido nel, co obxecto de expedi-la certificación especificada no artigo duodécimo. O modelo da acta atópase na seguinte páxina Web: http://www.edu.xunta.es

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, que reserva para si o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 11º.-Modificación da resolución de concesión das axudas.

A non xustificación da axuda percibida conforme o disposto nesta orde, levará consigo o reintegro das cantidades non xustificadas de acordo co establecido nos artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 12º.-Recoñecemento das actividades realizadas.

1. As actividades de intercambio terán a consideración de actividade de formación permanente ó abeiro do punto 28.1º da Orde do 3 de outubro de 2001 (DOG do 10 de setembro) pola que se regula

a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigacións e das titulacións. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais expedirá a certificación correspondente ó profesorado participante unha vez presentada a memoria correspondente e recibido o informe favorable.

2. A valoración en horas de formación será a seguinte:

-Funcións de coordinación do intercambio: ata 50 horas.

-Funcións de colaboración no intercambio: ata 35 horas .

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II

Baremos económicos

Intercambios lingüísticos

Distancia en km

Países

Importe máximo por alumnoImporte máximo por profesor

Ata 1.000 kmPortugal140 euros400 euros

De 1.000 a 3.000 kmFrancia250 euros435 euros

De 3.000 a 6.000 kmItalia, Reino Unido, Alemaña, Países Baixos325 euros 505 euros

De 3.000 a 6.000 kmDinamarca, Irlanda, República Checa380 euros 560 euros

De 6.000 a 8.000 kmGrecia, Romanía, Suecia, Finlandia400 euros580 euros

Máis de 10.000 km EEUU Canadá470 euros650 euros

Intercambios de profesores

Distancia en kmPaísesImporte máximo

Menos de 500Portugal550 euros

De 500 a 3.000Francia775 euros

De 3.000 a 6.000Reino Unido, Italia, Países Baixos,

Alemania, Bélxica

925 euros

De 3.000 a 6.000Dinamarca, Rep. Checa,

Irlanda, Hungría

975 euros

De 6.000 a 8.000Suecia, Finlandia1.075 euros

Grecia, Europa Oriental1.025 euros

Máis de 8.000 USA, Canadá, etc.1.375 euros

Visitas preparatorias/visitas de estudio

PaísesImporte máximo

Portugal450 euros

Francia750 euros

Reino Unido, Italia, Países Baixos, Alemaña, Bélxica900 euros

PaísesImporte máximo

Dinamarca, Rep. Checa, Irlanda, Hungría950 euros

Suecia, Noruega, Finlandia, Grecia, Romanía, Malta1.050 euros

Outros Países1.350 euros