Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.787

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS E MONTE DE PIEDADE DE ZARAGOZA, ARAGÓN E RIOXA

PROCESO de renovación dos órganos rectores. Elección de conselleiros xerais na representación de impositores.

No cumprimento do disposto nos estatutos e Regulamento de eleccións desta Caixa de Aforros, ponse en coñecemento das persoas interesadas que, na ofi

cina central desta entidade, sita na praza de Basilio Paraíso, 2, de Zaragoza, se exhiben as listas definitivas de compromisarios que aceptaron a súa designación, coa expresión do seu nome, apelidos e enderezo e as correspondentes a cada circunscrición na oficina principal de cada unha das seguintes capitais de provincia: Huesca (Coso Alto, 41), Teruel (Ramón y Cajal, 21), A Rioxa (avda. Rei Juan Carlos I, 9-Logroño), Guadalajara (Miguel Fluiters, 26), Madrid (Alcalá, 29), Barcelona (Paseo de Gracia, 80), Tarragona (Rambla Nova, 117), Lleida (Rambla Ferrán, 38), Girona (Plaza Marqués de Camps, 2), Palma de Mallorca (avda. Comte de Sallent, 1), Albacete (ps Libertad, 12), Alacante (avda. Federico Soto, 9), Oviedo (Capitán Mendizábal, 3), Ávila (pza. Santa Teresa, 3-1), Burgos (Toledo, 1) Cáceres (avda. Alemaña, 7), Jerez de la Frontera (r/ Porvera, 3), Santander (Ps. José María Pereda, 32), Castellón (avda. Rei Don Jaime, 3), Córdoba (avda. Gran Capitán, 44), Cuenca (Hurtado de

Mendoza, 4), Granada (Gran Vía Colón, 17), Jaén (Bernabé Soriano, 23), A Coruña (Fernando Macías, 2), As Palmas de Gran Canaria (Franchy Roca, 5), León (Gran Vía San Marcos, 15), Málaga (Callejones del Perchel, 4), Murcia (Gran Vía Escultor Salcillo, 1), Pamplona (Navarro Villoslada, 1), Ourense (Valentín Lamas Carvajal, 30), Palencia (Mayor, 112), Sevilla (San Fernando, 5) Soria (Collado, 51), Santa Cruz de Tenerife (Bathencourt Alfonso, 19), Toledo (Cuesta Carlos V, 9), Valencia (Roger de Lauria, 6), Valladolid (Paseo Zorrilla, 66).

De conformidade co artigo 14 do Regulamento e eleccións poderá ser candidato a conselleiro xeral por impositores calquera persoa que reúna os requisitos para ser conselleiro xeral por esta representación, non incorra en causa ningunha de incompatibilidade e teña o seu enderezo habitual e legal na Circunscrición electoral de que se trate (artigos 16, 17 e 18 dos estatutos).

As candidaturas, que terán carácter individual, presentaranse por escrito dirixido ó presidente da Comisión Electoral, na Secretaría Xeral da Institución (plaza Basilio Paraíso, nº 2 en Zaragoza), no horario de atención ó público, dentro dos 30 días hábiles seguintes ó anuncio da convocatoria, acompañando declaración xurada de que se cumpren os requisitos para ser conselleiro xeral en representación dos impositores. Cada candidatura deberá de ser proposta, ó menos, por vinte impositores da circunscrición de que se trate, que deberán asinala proposta e achegar fotocopia do anverso e reverso do documento nacional de identidade.

O prazo para a presentación das candidaturas iniciarase na data de publicacón deste anuncio e finalizará ás 14.30 horas do vindeiro día 27 de xaneiro de 2004.

A data na que terán lugar as leccións será a seguinte:

-Circunscrición de Teruel, que terá lugar en Teruel, o día 23 de febreiro de 2004, no centro cultural Ibercaja, estrada de Alcañiz, 14. O acto iniciarase ás 12.00 horas e rematará ás 12.30 horas.

actos da fundación Lázaro Galdiano, r/ Serrano, nº 122. O acto iniciarase ás 12.00 horas e rematará ás 12.30 horas.

-Circunscrición de Guadalajara, que terá lugar en Guadalajara, o día 24 de febreiro de 2004, no salón de actos do centro cultural Ibercaja, r/ Doctor Fleming, 2b. O acto iniciarase ás 17.00 horas e rematará as 17.30 horas.

-Circunscrición de Cataluña-Baleares, que terá lugar en Lleida o día 25 de febreiro, no salón de actos da entidade, Rambla Ferrán, 38. O acto iniciarase ás 10.00 horas e rematará ás 13.30 horas.

-Circunscrición de Huesca, que terá lugar en Huesca o día 25 de febreiro de 2004, no salón de actos do espacio Monte Aragón pje Almeriz, 2. O acto iniciarase ás 13.00 horas e rematará ás 13.30 horas.

-Circunscrición resto de provincias (Albacete, Alacante, Oviedo, Ávila, Burgos, Cáceres, Jérez de la Frontera, Santander, Castellón, Córdoba, Cuenca, Granada, Jaén, A Coruña, Las Palmas de Gran Canaria, León, Málaga, Murcia, Pamplona, Ourense, Palencia, Sevilla, Soria, Santa Cruz de Tenerife, Toledo, Valencia e Valladolid) que terá lugar en Zaragoza o día 26 de febreiro de 2004, no salón de actos do Centro de Exposicións e Congresos, r/ San Ignacio de Loyola, nº 16. O acto iniciarase ás 12.00 horas e rematará ás 12.30 horas.

-Circunscrición de A Rioxa que terá lugar en Logroño o día 27 de febreiro de 2004, no salón de actos do Fogar do Xubilado Virxe da Esperanza, r/ San Antón 5-7. O acto iniciarase ás 12.00 horas e rematará ás 12.30 horas.

-Circunscrición de Zaragoza, que terá lugar en Zaragoza, o día 28 de febreiro de 2004, no salón de actos do Centro de Exposicións e Congresos, r/ San Ignacio de Loyola, nº 16. O acto iniciarase ás 11.00 horas e rematará ás 12.00 horas.

Zaragoza, 12 de decembro de 2003.

Emilio Eiroa García

Presidente da comisión electoral