Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o expediente de proxecto de modificación do Plan parcial do sector R-2 de Iria, sito no termo municipal, publícase este anuncio co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou suxestións que consideren oportunas durante o prazo dun mes computado a partir do día seguinte ó da efectiva publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo da súa notificación individual a tódolos propietarios dos terreos afectados.

Igualmente, publicarase en dous dos xornais de maior circulación na provincia, durante dous días consecutivos.

Padrón, 10 de decembro de 2003.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde presidente