Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 19 de decembro de 2003 Páx. 15.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA FONSAGRADA

ANUNCIO.

Exposición pública do prego de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso de formulación da cartografía e do Plan Xeral de Ordenación do Concello da Fonsagrada.

Aprobados polo Pleno do Concello, na súa sesión do 28 de novembro de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas e particulares para a adxudicación dos traballos de cartográfia e redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Fonsagrada, expóñendose ó público polo prazo de oito días.

Simultaneamente, anúnciase concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a adxudicación dos traballos de formulación de cartográfia e redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Fonsagrada.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Fonsagrada.

2. Obxecto: formulación da cartografía e Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Fonsagrada.

3. Forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 194.767 euros.

5. Pagamento na forma establecida na cláusula 3ª do prego de condicións.

6. Garantías.

Provisional: dous por cento do importe de licitación.

Definitiva: catro por cento do importe de licitación.

7. Presentación de proposicións.

Data límite de presentación de proposicións: trece días naturais desde a publicación do presente anuncio no BOP en o DOG.

Lugar de presentación: Concello da Fonsagrada (rexistro xeral das 9.00 ás 14.00 horas). Admítense as propostas presentadas por correo dentro do mesmo prazo, pero deberase xustifica-la data de imposición do envío na Oficina de Correos, anunciándoo ó Concello da Fonsagrada mediante telefax no mesmo prazo.

Domicilio: rúa Burón nº 12 (CP 27100) A Fonsagrada, teléfono: 982 34 00 00, telefax: 982 34 00 01.

8. Apertura das proposicións económicas.

Dentro dos dez días seguintes ó remate do prazo para a presentación de ofertas previa a convocatoria ós licitadores por fax ou telegrama ás 12.00 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Documentación: a establecida na cláusula 8ª dos pregos de condicións.

A Fonsagrada, 5 de decembro de 2003.

Ricardo Parada Mariñas

Alcalde