Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/44-2, 6027 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 9, 27002 Lugo.

Denominación: C.T. Marrube e liña de alimentación (20 KV).

Situación: Alfoz.

Características técnicas: C.T. tipo caseta, no que se instalará un transformador de 630 kVA e relación de transformación 20/0,420 kVA, unha cela de protección do transformador contra sobrecargas, dúas celas de liña para o seccionamento das liñas de entrada e saída, unha cela de seccionamento e un cadro de B.T. de oito saídas, a L.M.T. colocarase un apoio nas proximidades da caseta e realízase a entrada e saída con cable soterrado ó C.T. reformado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 13 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo