Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.624

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito civil, do departamento de Dereito Privado, a Fernando de Franco Paz (praza 135/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión nomeada para xulga-lo concurso da praza nº 135/2001, convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro) e unha vez acreditado pola concursante proposta que reúne os requisitos do punto 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando de Franco Paz, con documento nacional de identidade número 34929996-B, profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito civil, adscrita ó departamento de Dereito Privado.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 24 de novembro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo