Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.623

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 9 de decembro de 2003, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a convocatoria extraordinaria de selección para vinculacións temporais de duración inferior ó ano de persoal estatutario nas II.SS. xestionadas polo Servicio Galego de Saúde, nas categorías de médicos de familia e matronas.

A resolución da División de Recursos Humanos do Sergas pola que se formaliza a antedita convocatoria será exposta na mesma data de publicación deste anuncio no DOG nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas, das institucións sanitarias do citado organismo e na páxina web (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos