Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 18 de decembro de 2003 Páx. 15.622

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 11 de decembro de 2003, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora da realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base II.2.4 da Orde do 10 de decembro de 2002, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (DOG nº 245, do 20 de decembro de 2002), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión celebrada na data mencionada, faise público o lugar, a data e a hora

en que terá lugar o terceiro exercicio da fase de oposición e se convocan os aspirantes para o próximo día 24 de xaneiro, sábado, ás 9.00 horas na aula 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. Para a resolución dos casos prácticos poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta. Tamén poderán axudarse de calculadora non programable.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA