Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.548

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

SUBMINISTRACIÓN de equipo de anestesia compatible con resonancia magnética.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. está interesado en contrata-la subministración dun equipo de anestesia compatible con resonancia magnética, para a súa unidade de diagnóstico por imaxe situada no Hospital Xeral Cíes de Vigo.

Nº de expediente: DI/002/03.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, praza de Europa, 5A, 6º B, Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, nos 10 días naturais a partir do día seguinte ó da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono: 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas:

http://www.sergas.es

Apertura de sobres: a apertura pública será a partir das 11.00 horas do terceiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día seguinte hábil.

O anuncio do concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.