Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de acceso a bases de datos online de lexislación e xurisprudencia para a Deputación Provincial da Coruña e concellos da provincia. (Expediente 03/11356 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de acceso a bases de datos online de lexislación e xurisprudencia para a Deputación Provincial da Coruña e concellos da provincia.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: dous anos, prorrogables segundo o previsto na cláusula 3 do prego.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento 1ª anualidade: 36.000 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña; teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o

seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de decembro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña