En cumprimento co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.
c) Número de expediente: ref. 1504.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obra.
b) Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para contrata-las obras de renovación do firme e pavimento, da r/ do Paseo, entre E. Montes e C. Eloy.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP nº 212, do 15 de setembro de 2003 e DOG nº 185, do 24 de setembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Adxudicación.
a) Data: 30 de outubro de 2003.
b) Contratista: Extraco, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 333.426,53 A.
Ourense, 5 de novembro de 2003.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde