Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2003 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación das obras do proxecto básico e de execución de edificio para a policía local.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

c) Número de expediente: ref. 1540.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras do proxecto básico e de execución de edificio para a policía local.

b) Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 14 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 2.173.070,28 IVE incluído.

5. Fianzas.

a) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Negociado de Infraestructuras.

b) Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 33.

7. requisitos.

a) Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo C, subgrupos 3, 4, e 5 categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no DOG ou BOP, de 9.00 a 13.00 horas.

b) Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

d) Localidade: Ourense.

e) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Enderezo: Praza Maior, 1.

c) Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.00 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 5 de novembro de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde