Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia M2003/21).

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: contratación. Unidade de Subministración. b) Número de expediente: M2003/21.

2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento dos equipamentos informáticos municipais. Duración do contrato: será de dous anos, contados a partir da data da súa adxudicación, prorrogable por dous anos máis ata un máximo de catro anos (incluíndo o período inicial e as súas prórrogas).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 90.000 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es y licitaciones*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das proposición económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte o do transcurso do plazo da licitación. c) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 4 de decembro de 2003.

Francisco José Vázquez Vázquez

Alcalde