Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/245-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: sub. de Sabón 220/032/6069/150 kV. Nuevo edificio 66 e 15 kV.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: doce celas blindadas a 66 kV aisladas con SF6 para liñas (8), secundario do transformador, axuste e medida.

-Dezasete celas a 15 kV de saída de liñas de distribución, transformación e medida.

-Líneas subterránea a 66 kV de interconexión coa subestación existente e outro a 15 kV.

-Modificacións das liñas de 66 kV da actual subestación que se indican e con entrada no nova subestación.

-L.A.T. Sabón-Ártabra/Repsol II (expediente 280980).

-L.A.T. Sabón-San Pedro de Visma/Repsol I (expediente 33983).

-L.A.T. Sabón-Eirís/A Laracha (expediente 33983).

-L.A.T. Sabón-Leyma, propiedade de Gen Sabón (expediente 29/1998).

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 10 de decembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial A Coruña