Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo).

En consonancia co sinalado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e en cumprimento do disposto no artigo 5º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo) durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e presenta-las alegacións, documentos e xustificacións que estime pertinentes.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo