Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 17 de decembro de 2003 Páx. 15.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de decembro de 2003 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Por Orde do 21 de agosto de 2003 (DOG do 5 de setembro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Reunida a comisión prevista no punto oitavo da devandita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto décimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas por unha federación e polas asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial que se relacionan no anexo II a esta orde, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do día 30 de decembro de 2003, a seguinte documentación:

a) Xustificación completa, mediante facturas orixinais ou documentos acreditativos da realización dos gastos subvencionados.

b) Unha declaración do conxunto de axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para a mesma finalidade, procedente de calquera administración ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Confederación, federación ou APA

centro educación especial

ConcelloProvinciaTotal

Confapa GaliciaCoruña, AA Coruña8.108,95

Confederación Galega APASSantiago

de Compostela

A Coruña9.434,96

Federación provincial APAS centros públicos A CoruñaCoruña, AA Coruña5.056

Federación APAS centros privados A CoruñaCoruña, AA Coruña1.066

Federación de APAS de LugoLugoLugo1.136

Fapacel LugoLugoLugo2.046

Federación provincial APAS de centros estatais As BurgasOurenseOurense2.200

Federación de APAS de Ferrol e Comarca Concepción ArenalFerrolA Coruña661

Federación Católica Comarcal de APAS de Santiago de C.Santiago

de Compostela

A Coruña871

APA CEE Santiago ApóstolCoruña, AA Coruña400

APA CEE Carmen PoloFerrolA Coruña400

APA CEE Santa MaríaLugoLugo400

APA CEE Infanta ElenaMonforte

de Lemos

Lugo400

APA CEE O PinoOurenseOurense400

APA CEE Juan XXIIIMarínPontevedra400

APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan MaríaNigránPontevedra400

APA CEE Juan XXIIIPontevedraPontevedra400

APA de AceescaPorriño, 0Pontevedra400

APA CEE MenelaVigoPontevedra400

APA CEE San RafaelVigoPontevedra400

APA CEE Saladino CortizoVigoPontevedra400

APA CEE de Vilagarcía de ArousaVilagarcía

de Arousa

Pontevedra400

APA CEE Os MecosVilanova

de Arousa

Pontevedra400

ANEXO II

Federación ou APA

centro educación especial

ConcelloProvinciaCausa da desestimación

Federación provincial APAS de PontevedraPontevedraPontevedraA solicitude foi presentada fóra de prazo

Apace do centro ElviñaA CoruñaA CoruñaNon figura inscrita no censo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Apace Duques de LugoSantiago de CompostelaA CoruñaNon figura inscrita no censo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

APA colexio público de NadelaLugoLugoNon é unha APA dun centro de educación especial

APA Joaquina Otero CEEA GuardaPontevedraNon figura inscrita no censo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Femanpas A GraduadaPorriño, OPontevedraNon figura inscrita no censo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria