Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: CA-C-01/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación de Municipal do Concello de Pontedeume.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (meses): vintecatro (24).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento oitenta mil euros (180.000 euros).

5. Garantía provisioinal: 3.600 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Entidad: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real, nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula 11, punto 11.2.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte o da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos; as proposicións constarán de tres sobres pechados e asinados:

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura na cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado «Documentación acreditativa da personalidade do contratista», conterá a documentación esixida na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado «Referencias Técnicas para o concurso», conterá a documentación esixida na cláusula 11.3 e as referencias técnicas necesarias

para acredita-los extremos a valorar dentro dos criterios de selección contidos na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro xeral.

2ª Enderezo: rúa Real, nº 13.

3ª Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución do concurso ou transcurso do prazo sinalado no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Pontedeume.

b) Enderezo: rúa Real nº 13.

c) Localidade: Pontedeume.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio.

11. Gastos dos anuncios.

O adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

12. Exposición dos pregos.

O prego de cláusulas particulares que rexerá esta contratación e o prego de prescricións técnicas quedan expostos ó público na Secretaría Xeral do Concello de Pontedeume durante o prazo de oito días, para os efectos do disposto no artigo 122.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Pontedeume, 28 de novembro de 2003.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde