Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 4 de novembro 2003, certificación expedida polo secretario da referida asociación, Artur Trillo Sendón, avalada co visto e prace do presidente, Cándido

Pazó González, onde se reflicte os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 15 de decembro de 2002, e ratificados en asemblea xeral extraordinaria o 22 de xullo de 2003, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

José Vazquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais