Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.456

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (315/2002).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos.

Dou fe e testemuño que en el xuízo de faltas número 315/2002 se dictou a presente sentencia que, no seu encabezamento e parte dispositiva, di:

Sentencia número 146.

En Betanzos, 4 de novembro de 2003.

Vistos por min, Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Betanzos e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 315/2002, sobre unha falta de furto, na que é denunciante Manuel Vázquez Varela e denunciado Francisco Javier Peláez Arín, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Francisco Javier Peláez Arín, como autor responsable dunha falta de furto, do artigo 623.1º do Código Penal, a unha pena de tres arrestros de fins de semana.

Condénase a Francisco Javier Peláez Arín ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á última notificación, para interpor neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, que por quenda corresponda constituído en tribunal unipersoal.

E para que que conste e sirva de notificación de sentencia a Francisco Javier Peláez Arín, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Betanzos, o doce de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN