Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.451

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 5 de decembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciados pola Orde do 30 de setembro de 2003.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 30 de setembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 194, do 7 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 30 de setembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 194, do 7 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servicios, ou dun mes se radican en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidos ós interesados. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que causen baixa os funcionarios, así como a daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de confor

midade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Vila López, Pedro.

NRP: 3264573168 A205G.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior da Xunta de Galicia/escala informática.

Código posto: MA.C02.00.001.15770.050.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Informática.

Centro directivo: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Rega Piñeiro, José Westorio.

NRP: 3245076913 A2068.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C06.00.001.15770.004.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Integración Ambiental.

Centro directivo: Dirección Xeral Centro de Desenvolvemento Sostible.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Fernández Fernández, Josefa.

NRP: 3275608224 A2066.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C99.10.101.15001.001.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Montes e Industrias Forestais.

Centro directivo: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Bergareche Urdampilleta, Ignacio Domingo.

NRP: 7243358946 A2066.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C99.10.201.15001.001.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

Centro directivo: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Callejo Rey, Antonio.

NRP: 3382596813 A2068.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C99.10.301.27001.001.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Espacios Naturais e Biodiversidade.

Centro directivo: Delegación Provincial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Bris Marino, Belén.

NRP: 5137194046 A2066.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C99.10.101.32001.001.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Montes e Industrias Forestais.

Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Nivel c. destino: 28.

Apelidos e nome: Goyanes Flores, José Ramón.

NRP: 3458061013 A205L.

Grupo: B.

Corpo/escala: facultativo grao medio da Xunta de Galicia.

Código posto: MA.C99.10.401.32001.001.

Denominación posto: xefe/a do Servicio de Caza e Pesca Fluvial.

Centro directivo: Delegación Provincial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Nivel c. destino: 28.