1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social. Inludes.
2. Obxecto: servicio de edición e impresión dun libro de luxo e a producción e replicación dun DVD, de 12/15 minutos, en galego, castelán e inglés.
3. Orzamento: corenta e cinco mil vinteseis euros (45.026 euros).
4. Prazo de entrega: trinta e cinco días.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Unidade Xeral de Xestión.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, de 10.00 a 14.00 horas.
8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 279, do 4 de decembro de 2003.
Lugo, 4 de decembro de 2003.
Antonio Muíña Pena
Presidente do Instituto Lucense de
Desenvolvemento Económico e Social
Faustino Martínez Fernández
Secretario do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social