Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Con data do 2 de decembro de 2003 formalizouse coa entidade Guerra Lalín, S.L. un convenio urbanístico de execución do planeamento para a conexión da área de reparto 33 (AR-33) das do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Lalín cos servicios existentes, ó que se achega como anexo a valoración da monetarización do 10% do aproveitamento lucrativo que lle corresponde ó concello.

En cumprimento do establecido nos artigos 5.3, 233, 236 e 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio

rural de Galicia, exponse ó público polo prazo de vinte días para alegacións na Asesoría Xurídica do concello.

Lalín, 3 de decembro de 2003.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental