Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental do proxecto de planta de tratamento de filtros e recipientes metálicos de aceite e hidrocarburos de automoción, mariños e industriais, promovido por Garefisa, S.A. no concello das Somozas (A Coruña).

1. En cumprimento do disposto no artigo 16 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental somete a documentación presentada para a solicitude de autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental, ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2. Para efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares da devandita documentación, nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello das Somozas (A Coruña).

3. As alegacións formularanse por escrito e por duplicado durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental