En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais mencionado.
2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.
-Concello de Allariz.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contandos a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental