1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material de imprenta (varios), material de imprenta (sobres) e papel blanco de fotocopiadora para a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: 3 lotes.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 84.000 euros.
Lote 1. 18.000 euros.
Lote 2. 17.000 euros.
Lote 3. 49.000 euros.
5. Garantías.
Provisionais:
Lote 1. 360 euros.
Lote 2. 340 euros.
Lote 3. 980 euros.
Definitivas: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 87.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 13.00 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2003.
P.D. (Orde 19-9-2003)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural