Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.346

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de decembro de 2003 pola que se nomean membros do tribunal que deberá cualifica-los procesos selectivos para o acceso á categoría 011 (titulado/a superior pegagogo/a) e da categoría 040 (titulado superior lingüista) do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Convocado proceso selectivo, para o acceso á categoría 011 (titulado/a superior pegagogo/a) e da categoría 040 (titulado superior pedagogo) do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola Orde do 6 de agosto de 2003, publicada no DOG nº 164, do 26 de agosto, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e de conformidade co disposto nas bases das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

O número e a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 011 (titulado superior pedagogo) e da categoría 040 (titulado superior lingüista) do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Tribunal I-A: cualificará tódolos aspirantes da quenda de promoción interna, acceso libre e minusvalidos da categoría 011 (titulado/a superior pedagogo/a).

Titulares:

Presidente: Alberto González Armesto.

Secretario: Carlos Carid Fernández.

Vocais:-Luis M. Sobrado Fernández.-Serafín Gala Merino.-Eva Pérez Ansede.

Designados polas organizacións sindicais:-Manuel Lodeiro Mouro.-Horacio Fernández Represa.

Suplentes:

Presidente: Severino Somoza Gómez.

Secretario: Mª Eugenia Pérez Fernández.

Vocais:-Camilo I. Ocampo Gómez.-Pedro Blanco Grille.-Susana Mera Souto.

Designados polas organizacións sindicais:-Manuel García Cendón.-Santiago Parra Contreras.

Tribunal I-B: cualificará tódolos aspirantes de acceso libre e minusvalidos da categoría 040 (titulado/a superior lingüista).

Titulares:

Presidente: Xesús P. González Moreiras.

Secretario: Pablo Valencia Vila.

Vocais:-Xosé Antonio Pombo Mosquera. -Valentín García Gómez.-Manuel Braña Gutiérrez.

Designados polas organizacións sindicais:-Manuel Amor Couto.-Rosario Valledor Puente.

Suplentes:

Presidente: Felipe Ferreiro Feijoo.

Secretario: Manuel Díaz López.

Vocais:-Rosa Martín Biedma. -- ver pdf -.-Jesús Lata Buceta.

Designados polas organizacións sindicais:-Mercedes Ares Bañobre.-Xerardo Alvaredo Maceda.