Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de setembro de 2003, conxunta da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e da Consellería de Sanidade, pola que se convocan axudas de investigación en establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Producido error na publicación da devandita orde no Diario Oficial de Galicia número 186, do xoves 25 de setembro de 2003, ó facelo baixo o epígrafe de «Consellería de Innovación, Industria e Comercio», debe advertirse que o epígrafe que lle corresponde é o de «Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública», ó se tratar dunha orde conxunta de dúas consellerías.