Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 17 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 69/2003 DEP, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 14 de outubro de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador número 69/2003 DEP, incoado na Delegación Provincial da Consellería de

Sanidade de Pontevedra a Mariscos Rebeca y Vanessa, S.L. e, así mesmo, propuxo o mantemento da suspensión cautelar da actividade de depuración e expedición de moluscos bivalvos vivos da dita empresa.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta

cédula e, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ó/a director/a xerente de Mariscos Rebeca y Vanessa, S.L., o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avenida de Vigo, número 16 de Pontevedra, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 17 de novembro de 2003.

Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 69/2003 DEP.

Denunciado: Mariscos Rebeca y Vanessa, S.L., con CIF número B36199941.

Último enderezo coñecido: peirao de Aldán, s/n, 36945 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:-Artigo 2.2º.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 5, artigo 6 pto. 1º e anexo, capítulo IV I, pto. 1º a), b), d), pto. 4º, II, pto. 3º, III, pto. 1º, pto. 12º, IV, pto. 1º, pto. 4º do Real decreto 571/1999, do 9 de abril, polo que se aproba a regulamentación técnica-sanitaria que fixa as normas aplicables á producción e comercialización de moluscos bivalvos vivos.-Artigo 4 pto. 1º, pto. 2º, artigo 5, artigo 7 do Decreto 399/1996, do 31 de outubro, polo que se regulan os programas de control sanitario de moluscos bivalvos vivos.-Artigo 3 do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Tipificación: infracción grave, segundo o artigo e 35 B), 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. A proposta do mantemento da suspensión cautelar fundaméntase nos artigos 25, 26 e 31 da Lei 14/1986.

Sanción proposta: tres mil cinco euros e sete céntimos de euro (3.005,07 euros).