Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 28 de novembro de 2003 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos adecuadamente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 10 de marzo de 2003 (DOG nº 62, do 28 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciou medidas de apoio á policía local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

A teor do disposto na disposición adicional desta orde, na que se establecía que a achega compensatoria realizada polos beneficiarios segundo o disposto no artigo 6.2º a) podería xerar créditos no estado de gastos do orzamento desta consellería, que poderían ser utilizados na adquisición e adxudicación de máis vehículos,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos:

* Marca e modelo: turismo Seat Córdoba Stella 1.9 TDI.

Concello destinatarioNúmero de bastidor

CoristancoVSSZZZ6LZ4R112206

MelideVSSZZZ6LZ4R112251

MiñoVSSZZZ6LZ4R112822

SadaVSSZZZ6LZ4R112827

BurelaVSSZZZ6LZ4R114250

MoañaVSSZZZ6LZ4R144265

O GroveVSSZZZ6LZ4R114275

* Marca e modelo: motocicleta Piaggio, Hexagon GT 250.

Concello destinatarioNúmero de bastidor

OrtigueiraZAPM1400001003663

TeoZAPM1400001003712

CelanovaZAPM1400001003733

A EstradaZAPM1400001003734

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario, segundo establece o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local