Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.258

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do Sistema Universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia e cursen os seus estudios nalgunha universidade de fóra do Sistema Universitario de Galicia, interesados en solicita-los créditos bancarios para financiamento dos seus estudios do 3º ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

Por Orde do 18 de xuño de 2003 (DOG do 4 de xullo), aprobáronse as bases que rexen a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do Sistema Universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, cursen os seus estudios nalgunha universidade de

fóra do Sistema Universitario de Galicia, interesados en solicitaren os créditos bancarios para financiamento dos seus estudios universitarios do 3º ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

As solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios de terceiro ciclo, correspondentes ó curso 2003-2004 que se relacionan no anexo I desta orde, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 540,90 euros, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322 C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Os estudiantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entrega-lo xustificante de matrícula e que, de acordo co establecido no artigo 7 alínea d) da orde de convocatoria, presentaron a declaración xurada comprometéndose a entrega-lo xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización, non poderán asina-lo contrato do préstamo coas entidades bancarias mentres non presenten na Dirección Xeral de Universidades, antes do 31 de decembro de 2003, o mencionado xustificante.

A Dirección Xeral de Universidades entregaralles a correspondente autorización para que poidan asina-los contratos coa entidade bancaria.

Segundo.-Facer pública a relación de beneficiarios da prórroga do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios de terceiro ciclo correspondentes ó curso 2003-2004 que se relacionan no anexo II desta orde, ós que se lles concedeu o préstamo en convocatorias anteriores, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 480,80 euros, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322 C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Os estudiantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entrega-lo xustificante de matrícula e que de acordo co establecido no artigo 7 alínea c) da orde de convocatoria, presentaron unha declaración xurada comprometéndose a entrega-lo xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización, non poderán ser beneficiarios de prórroga mentres non presenten na Dirección Xeral de Universidades, antes do 31 de decembro de 2003, o mencionado xustificante.

A Dirección Xeral de Universidades entregaralles a correspondente autorización para que a entidade bancaria lles manteña a prórroga.

Terceiro.-Os solicitantes que figuran nos anexos I e II como denegados deberán considerar desestimada a súa solicitude polas causas que neles se especifican.

Cuarto.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan no anexo I desta orde, realizarán os trámites dos préstamos coas entidades financeiras (Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixanova, Banco Gallego, Banco Simeón e Banco Etcheverría), asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de decembro de 2003.

Quinto.-O incumprimento total ou parcial por parte dos posibles beneficiarios, tanto dos préstamos como das prórrogas, de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 18 de xuño de 2003, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou

solicitante, segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

3º ciclo nova adxudicación

Concedidas

NUM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONTIA SOLICITADA (A)

2003/000006-032677562JCONDE GONZALEZ, FCO. ANTONIO3.005,06

2003/000002-035488730YFERNANDEZ CARREIRA, MARIA JOSE3.005,06

2003/000008-046902612TGARCIA GONZALEZ, LIDIA6.010,12

2003/000004-033341192RNASEIRO RAMUDO, ANA3.005,06

2003/000010-036112680NPEREZ RODRIGUEZ, BERNARDO JOSE3.005,06

2003/000003-003119829VRUIZ MUÑOZ, YOLANDA3.005,06

Concedidas pendentes de entrega-lo xustificante de matrícula

NUM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONTIA SOLICITADA (A)

2003/000009-076778972GCASTAÑO TORRADO, BERTA3.005,06

2003/000007-076829426LMUCIENTES SANDOVAL, GONZALO RAMON3.005,06

Denegadas

NUM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACION

2003/000001-034261015PALVAREZ GONZALEZ, CRISTINANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2003/000005-044806286DGONZALEZ GARCIA, MATILDEFALTA DE DOCUMENTACION

2003/000011-036144593RRODRIGUEZ LORENZO, GLORIA ARACELIFÓRA DE PRAZO

ANEXO II

3º ciclo prórrogas

Concedidas

NUM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTE1ª PRORROGA2ª PRORROGA

2003/000001-076822902GJANEIRO SUEIRO, PATRICIASI

2003/000003-079315980CMARTINEZ RIVAS, PAULASI

2003/000008-036104251RSAURA ALVAREZ, MARIASI

2003/000005-044461999DSIEIRO PIÑEIRO, Mª PILARSI

Concedidas pendentes de entrega-lo xustificante de matrícula

NUM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTE1ª PRORROGA2ª PRORROGA

2003/000007-036096732APRIETO RAMOS, Mª JESUSSI

2003/000009-032636686PRODRIGUEZ FRAGA, BEATRIZSI

2003/000002-035469573PVARELA GRAÑA, MARCOSSI

Denegadas

NUM. EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACION

2003/000006-032668911XCASANOVA VIGO, ELIAS JOSENON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2003/000011-032690595MMENDEZ GARCIA, BEATRIZFÓRA DE PRAZO

2003/000004-077007310KROSENDO ALONSO, CARLOSNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2003/000010-033336513ZSANCHEZ RODRIGUEZ, ANA MARIANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA