Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.252

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 22 de outubro de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Extremadura, de citación para práctica de notificación.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º, da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro) segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, polo presente faise saber que, téndose intentado a notificación ós interesados ou ós seus representantes, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio ponse de manifesto que se encontran pendentes de practica-las seguintes notificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: providencia de constrinximento.

-Órgano responsable da súa tramitación: órgano de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer, co obxecto de que se practique a notificación pendente, no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horarios de 9.00 a 14.00 horas, na unidade de recadación de calquera das oficinas da axencia estatal da Administración Tributaria desta provincia, sita en:

-Don Benito: Alonso Martín, 16.

-Mérida: pza. de Santa María, 5.

-Zafra: avda. Antonio Chacón, s/n.

-Badajoz: Paseo de San Francisco, 17.

Badajoz, 22 de outubro de 2003.

Rafael Díaz García

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

ANEXO

Número de emisión: 03.3.1.11.002.

Debedor: Barrero Tostón David.

NIF/CIF: 45670880-X.