Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da área de actuación integral 2 do Plan especial de mellora do núcleo de Portoloureiro (Castrelos). (Expediente 7436/411).

O Pleno deste Concello de Vigo, en sesión do 29 de setembro de 2003, adoptou entre outros o seguinte acordo:

«Primeiro.-Confirma-la aprobación definitiva do estudio de detalle da área de actuación integrada 2 do Plan especial de mellora do núcleo de Portoloureiro (Castrelos), redactado polos arquitectos Mª Belén González Ramírez e Luis Miguel Zozaya Servera, con memoria e planos visados polo COAG no 29-4-2002 e 29-7-2002, que xa fora aprobado por silencio administrativo positivo no día 29-11-2002 (expediente 7436/411).

Segundo.-Publíquese este acordo no BOP e no DOG. Notifíquese o seu contido íntegro a tódolos propietarios do polígono coa indicación de que contra este cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses».

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada esta non se puidese practicar.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Vigo, 7 de outubro de 2003.

Ventura Pérez Mariño

Alcalde presidente da Xerencia de Urbanismo