Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 3 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso para a reforma e ampliación dunha granxa mariña situada en Sertaxes-Cambados (Pontevedra) titularidade de Aquacría Arousa, S.L.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares

situados na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso para a reforma e ampliación do seguinte establecemento de cultivos mariños:

Características do establecemento:

-Tipo: granxa mariña.-Nome: Aquacría Arousa, S.L.-Actividade: cultivo.-Especie: rodaballo (Psetta maxima).-Ubicación: Bico da Ran, Sertaxes-Cambados (Pontevedra).

-Solicitante: Aquacría Arousa, S.L. (CIF: B36296945).

Características da reforma e ampliación solicitada:

A reforma solicitada consiste na utilización das actuais instalacións como unidade de tratamento da auga utilizada no cultivo dos peixes, así como na construcción de dúas novas edificacións: unha nova unidade de cultivo cunha capacidade de producción de 500 t/ano e unha sala de elaboración e embalaxe do peixe.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que estime oportunas.

Prazo de exposición e para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Rúa do Valiño, 63-65.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9.00 a 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2003.

Carmen Bouso Montero

Directora xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL