Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se anuncia a ampliación do prazo para resolve-lo expediente sancionador SAN-LU-0078/2003-MV, incoado en materia de medicamentos veterinarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ó interesado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala no anexo, e con

sonte co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a ampliación en tres meses (a metade do establecido para dictar resolución) do prazo para resolve-lo expediente sancionador SAN-LU-78/2003-MV, acordada por esta dirección xeral, con esta mesma data.

A data de finalización do prazo de resolución é o 20 de marzo de 2003.

De conformidade co disposto no artigo 49.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presente acordo de ampliación de prazo non será susceptible de recurso.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2003.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción e Sanidade

Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-LU-78/2003-MV.

Denunciado: Exclusivas Edra, S.L.

Último enderezo coñecido: Vilarmosteiro, 75. O Páramo (Lugo).

Asunto: ampliación do prazo para resolver.

Data de finalización do prazo para dictar resolución: 20 de marzo de 2003.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO