Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.108

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO da resolución do concurso de traslados 2/2003.

Ó abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que o director xeral do CIXTEC dictou Resolución do 18 de novembro de 2003, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados 2/2003, estando á disposición dos interesados nas dependencias do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), sito na rúa Domingo Fontán, nº 9, Santiago de Compostela, a relación da asignación da praza do referido concurso.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable