Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería
de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 1 de outubro de 2003 (DOG nº 197, do 10 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se relaciona no anexo I da presente orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa a funcionaria, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo
ANEXO
Apelidos e nome: Frutos Martínez, Ana Mª de.
NRP ou DNI: 3324898135A2051.
Grupo: B.
Corpo ou escala: xeral/especial.
Posto de traballo: xefa do Servicio de Estudios e Análise de Telecomunicación e Audiovisual.
Código do posto: CUC050000115770004.
Nivel: 28.
Dependencia: Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.
Localidade: Santiago de Compostela.