Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.105

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de novembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, por Orde do 14 de agosto de 2003 (DOG nº 165, do 27 de agosto), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 e marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, postestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-adminisrativo, no prazo de dous meses desde a mesa data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que

teña o seu enderezo o demandante ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia. Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro: 3282617213 A2071.

Apelidos e nome: Valencia Vila, Santiago.

Posto de traballo: xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Xurisdicional.

Código posto: PR.P02.00.000.15770.113.

Centro directivo: Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A (escala de letrados).

Corpo ou escala: xeral.

Nivel de c. destino: 30.