1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto do contrato: servicio de protección, vixilancia e control do museo provincial.
3. Orzamento (IVE incluído): 152.341 euros.
4. Duración do contrato: ano 2004.
5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.
6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
8. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.
10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 273 (27-11-2003).
Lugo, 27 de novembro de 2003.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo