Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para adxudicar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, a prestación dos servicios de limpeza das instalacións dos colexios públicos de Cervo e anexos, de Galdín e Mestre Rivera Casás, así como dos vestiarios do pavillón deportivo de San Cibrao, a casa do concello, os edificios onde está instalada a policía local e protección civil, o antigo concello e o hospitaliño de Cervo.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do concello 27891-Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: constitúe o obxecto deste contrato a prestación do servicio de limpeza de tódalas instalacións seguintes: colexios públicos de Cervo e anexos, de Galdín e Mestre Rivera Casás, así como dos vestiarios do pavillón deportivo de San Cibrao, a casa do concello, os edificios onde está instalada a policía local e protección civil, o antigo concello e o hospitaliño de Cervo.

b) Lugar de execución: San Cibrao e Cervo.

c) Duración do contrato: dous anos, sen prexuízo da súa prórroga de mutuo acordo ata un máximo de catro anos, nos termos do artigo 198 do TRLCAP.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que serve de base na licitación ascende a un total de sesenta e sete mil setecentos vintedous euros con sesenta céntimos/ano (67.722,60 A) IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Requisitos: «están capacitados para contratar las persoas naturais ou xurídicas, españolas o estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

Dado o orzamento dos servicios obxecto de contratación, de acordo co artigo 25 do TRLCAP, non é preciso que os concursantes ou licitadores obteñan a oportuna clasificación.

Non obstante a solvencia técnica será a acreditada por algún dos medios previstos no artigo 19 do TRLCAP aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000; a solvencia económica-financeira se xustifícase por un ou varios dos medios previstos no artigo 16 do citado Real decreto lexislativo 2/2000».

7. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse no Concello de Cervo, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP, antes das 14.00 horas do día no que remate o prazo. Tamén se poderán presentar proposicións por correo, acreditando o interesado a data de imposición nas oficinas de correos por medio de fax, télex ou telegrama remitido para o efecto. Sen cumprir estes requisitos non será admitida a proposición no caso que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita no prego de bases.

8. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 12.30 horas do primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios, tributos e outros derivados da contratación: por conta do adxudicatario.

10. Exposición simultánea do prego de cláusulas administrativas particulares e do anuncio para a presentación de proposicións.

«Conforme o parágrafo 2º do artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, a exposición do prego de cláusulas administrativas particulares e do anuncio para a presentación de proposicións (anuncio de licitación) realizarase en unidade do acto, poderanse presentar reclamacións contra o prego durante os 8 días hábiles seguintes á publicación do anuncio.

Se dentro de tal prazo se producisen reclamacións contra o prego suspenderase a licitación e o prazo para a presentación de proposicións, reiniciándose o que quede a partir do día seguinte ó da resolución daquelas».

Cervo, 26 de novembro de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde