Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra de construcción dun campo de herba artificial na Madroa, Candeán, Vigo (Pontevedra).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 2 de decembro de 2003, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 33/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun campo de herba artificial na Madroa, Candeán, Vigo (Pontevedra).

b) Lugar de execución: A Madroa, Candeán, Vigo.

c) Prazo de execución: catorce (14) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos sesenta mil seiscentos sesenta e seis euros con catro céntimos, IVE incluído (560.666,04 euros).

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se esixe.

b) Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación: vintedous mil catrocentos vinteseis euros con sesenta e catro céntimos (22.426,64 euros).

6. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Infraestructuras Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratación/resultado:asp?N=3403).

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de novembro).

c) Lugar de presentación:

Rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e no Rexistro de Documentos da Dirección Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou seren enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución e co prazo de garantía das obras.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio e, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado