O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Faro, fracción 4ª, nº 4615.4, situada en terreos do concello de Melón, provincia de Ourense e solicitado por Minera de Rocas, S.L.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas